Albacete Balompié
Albacete | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Albacete Balompié, S.A.D. | |||
Alcume(s) | El Alba El Queso Mecánico | |||
Fundación | 1 de agosto de 1940 (84 anos) | |||
Estadio | Carlos Belmonte, Albacete, España | |||
Inauguración | 1960 | |||
Capacidade | 17.500 | |||
Presidente | Georges Kabchi | |||
Adestrador | Alberto González | |||
Liga | Segunda División | |||
2023–24 | 13.º de 22 | |||
Na rede | ||||
http://www.albacetebalompie.com/ | ||||
| ||||
O Albacete Balompié é un club de fútbol de España da cidade de Albacete. Foi fundado en 1940 e actualmente xoga na LaLiga Hypermotion. É o único equipo de Castela-A Mancha que xogou na Primeira División, categoría na que militou sete tempadas en dúas etapas (1991-96 e 2003-05). O seu terreo de xogo é o Estadio Carlos Belmonte, con capacidade para 17.500 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]O Albacete Balompié foi fundado o 1 de agosto de 1940. O seu primeiro presidente foi Antonio Lozano Matarredona. A súa orixe sitúase no Café Colón, entre un grupo de amigos que querían formar unha sociedade deportiva: Antonio Tabernero, Pedro Monzón e o propio Antonio Lozano. A primeira dificultade foi a de incorporar xogadores. Reuniuse aos que pertenceran aos clubs antecesores SD Albacete e CD Albacete, onde había xente moi nova.
O primeiro nome foi Albacete Fútbol Asociación, pero cando a federación enviou unha circular na que se esixía que se "españolizasen" os nomes dos clubs, Antonio Lozano propuxo o de Albacete Balompié, denominación final do club.
Durante a década de 1940, a traxectoria do equipo discorre pola Terceira división española cultivando magníficos resultados en todas as tempadas, sendo a peor clasificación o terceiro posto. Corre o ano 1949 cando se produce o primeiro ascenso a Segunda división, categoría na que permanece durante dúas tempadas consecutivas e á que regresa de forma fugaz en 1961.
Na década dos anos sesenta compite sen maiores sobresaltos en Terceira, ata que en 1970 comeza un triste periplo polas categorías rexionais que finaliza de forma definitiva en 1977 cando consegue volver a Terceira.
En 1982 estréase na Segunda B, creada facía poucos anos, categoría na que xoga durante todos os anos oitenta excepto na tempada 1985-86 que o fai en Segunda división da man de Julián Rubio e Ventura Martínez.
Nesas andaba cando Benito Floro e Rafael Candel en 1990 e en 1991 conseguen o dobre ascenso desde Segunda B ata Primeira, onde debuta cun histórico sétimo posto. Mantense cinco anos de forma consecutiva e alcanza as semifinais da Copa do Rei na tempada 1994-95, sendo eliminado polo Valencia CF.
O Albacete descende a Segunda división tras perder a promoción ante o CF Extremadura. Comezan entón uns anos de grandes dificultades tanto deportivas como económicas, con continuos cambios de equipos técnicos e directivos. Na tempada 2002-03, repetindo o que xa pasou con Benito Floro, César Ferrando (outro adestrador descoñecido e procedente da Comunidade Valenciana) remodela por completo o persoal e, tras unha gran tempada, consegue o tan ansiado ascenso como terceiro clasificado.
A última etapa histórica do club ata a data complétase con outras dúas novas tempadas consecutivas en Primeira. A 2004-05 supón o último descenso a Segunda división, logo de cometer moitos erros tanto no deportivo como no económico, tendo na figura do seu entón presidente Ángel Contreras ao principal responsable. Na tempada 2010-11 descende á Segunda División B.
Na tempada 2011-12, na Copa do Rei chega a oitavos de final tras eliminar ao Atlético de Madrid, despois de vencer 2-1 en casa e de dar a sorpresa gañando 0-1 no Estadio Vicente Calderón. En oitavos caería eliminado polo Athletic de Bilbao. Na liga, acaba en cuarta posición e xoga o play-off de ascenso. Logo de superar ao Orihuela, cae eliminado polo Cádiz. Na tempada seguinte xogou de novo o play-off de ascenso pero foi eliminado na primeira rolda polo Real Oviedo.
O Albacete volveu á Segunda División na tempada 2013-14, onde se proclamou campión do grupo IV e gañou no play-off de campións ó Sestao River. Ademais, proclamouse campión da Segunda División B ó gañar ó outro equipo ascendido no play-off de campións, o Racing de Santander.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Titular: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas.
- Alternativo: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras.
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Estadio Carlos Belmonte.
Foi construído en 1960 e reformado por última vez en 1998, acollendo desde entón catro partidos da Selección española. Ten un aforamento de 17.500 espectadores.
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en 1ª: 7
- Tempadas en 2ª: 19 (Incluída a 2014/15)
- Tempadas en 2ª B: 10
- Tempadas en 3ª: 29
- Tempadas en categorías rexionais: 9
- Posto na Clasificación histórica de Primeira División: 37º
- Mellor posto en 1ª: 7º (tempada 1991-92)
- Maior goleada conseguida en 1ª: Albacete 5-0 Cádiz CF (tempada 1992-93) e Albacete 5-0 Real Oviedo (tempada 1993-94)
- Mallor goleada encaixada en 1ª: Real Sociedad 8-1 Albacete (tempada 1995-96)
- Máis partidos disputados en 1ª: Zalazar
- Adestradores importantes: Julián Rubio, Benito Floro, Víctor Espárrago, Iñaki Saez, Mariano García Remón, César Ferrando
Historial na liga
[editar | editar a fonte]
|
|
|
|
Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]- Segunda División (1): 1990-91
- Segunda División B (2): 1989-90, 2013-14
- Terceira División (8): 1945-46, 1946-47, 1948-49, 1958-59, 1960-61, 1963-64, 1964-65, 1981-82
- Rexional Preferente (1): 1974-75
- Copa da Liga de Segunda división B (2): 1982-83, 1984-85
- Campionato de Afeccionados (1): 1974-75
- Copa do Rei de Xuveniles (2): 1994-95, 2006-07
Torneos rexionais
[editar | editar a fonte]- Trofeo Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha (6): 1997-98, 1998-99, 2000-01, 2002-03, 2003-04, 2008-09.
Distincións individuais
[editar | editar a fonte]- Trofeo Pichichi de Segunda división (1): Jesús Perera con 22 goles (tempada 2002-03)
Xogadores
[editar | editar a fonte]Cadro 2013/14
[editar | editar a fonte]Actualizado a 1 de setembro de 2013
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficialArquivado 03 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
- Sitio web sobre o Albacete (en castelán)